PAZ PENÍN, MARÍA CONCEPCIÓN... [ET AL.]
Tipicamente, dentro da maioría das titulacións de Enxeñería, a porcentaxe de materias ou partes das mesmas de natureza experimental é elevada. Esta tradición que ven de lonxe, segue a ser totalmente necesaria, se cadra con máis forza hoxe en día. As disciplinas como a Mecánica de Fluídos non poden esquecer o traballo de laboratorio de cara a validar de forma experimental e mediante a visualización os resultados obtidos de forma teórica na aula.